Coruña, a secas


Como xa dixera nun comentario a un post de sayisa, farta estou de debates lingüísticos, cambios de norma e disparates varios cometidos contra o galego e defendidos profusamente por aqueles que se consideran gardas e defensores da nosa lingua. O último capítulo chega en forma de titular de prensa e se refire ao topónimo da Coruña.

Eu non entendo isto dos topónimos. Éme completamente alleo. Acostumo dicir Ourense, Carballiño, Lleida e mesmo Donosti (quizáis o correcto sexa Donostia, pero soa tan mal…). Porén, nunca digo Bilbo e non pronuncio a cedilla de Barçelona. E sempre traduzo (ao galego ou ao castelán) o nome de cidades extranxeiras, como penso que fai todo o mundo. Mais no caso de Coruña…

Ocorre en galego que cando un nome dunha poboación vai precedido de preposición resulta imprescindible pór, entre a prepocisión e o nome do lugar, un artigo.

Así, decimos “vou á Coruña”, “vivo na Coruña” ou “son da Coruña”. Igual que decimos “vou ao Carballiño”, “vivo no Carballiño” ou “son do Carballiño”. E igual, por certo, que os portugueses din que “van para o Porto”, “viven no Porto”, ou “son do Porto”.

O que pasa é que os portugueses, que falan dende hai moito esa lingua, son conscientes de que o artigo non forma parte do topónimo.  Sen embargo, nós, que vivimos séculos escuros e temos unha academia da lingua que se preocupa máis polas diferenzas e semellanzas cos idiomas que nos rodean que da pervivencia e normalización do galego (é a miña opinión), facémonos un lío, e ao traducir, comezamos a poñer e quitar artigos sen sentido.

No caso de “son da Coruña”, desfacemos a contracción, inexistente en castelán, e pensamos: a xente de alá dí “soy de La Coruña”, logo o topónimo ten que ser “La Coruña”.  Despois traducimos a mala tradución outra vez ao galego e xa temos creado o topónimo A Coruña, que ven a ser algo así como un castrapo en toda regla pero cos parabéns dos que din que saben moito desto. No caso de Ferrol, sen embargo, quitamos o artigo (aínda que a xente diga “pasei polo Ferrol antes de vir”) que se o poñemos aínda moitos pensarán no caudillo.

O que me pregunto eu agora é se estes que abogan por A Coruña ou La Coruña din cousas como: “que fermosa é esta A Coruña”/”qué bella es esta La Coruña” ou “imos facer unha A Coruña mellor”/”vamos a hacer una La Coruña mejor”.

Coruña, a secas e a preocuparse (todos) de cousas máis importantes.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Exteriores y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

9 respuestas a Coruña, a secas

  1. Óscar Pereiro dijo:

    E que vos parece “Corunha”?

    Como sabedes o signo ñ so existe no espanhol. O galego da xunta adoptou este signo do espanhol en lugar de ir ao portugués e fazer o galego mais practico e universal.

    Moi bon o post Sole

  2. sparral dijo:

    ¿O ñ non existe en galego?

    Rosalía escribiu aquelo de:

    Polos camiños de Cangas
    a voz do vento xemía:
    ai, que soliña quedache,
    María Soliña.

    Mais, é certo que si nos vamos a Martín Codax atopamos esto outro:

    Quantas sabedes amar amigo
    treides comig’ a lo mar de Vigo.
    E bannar nos emos nas ondas!

    Hai papeis da Idade Media (bastantes ao parecer) nos que se dí Crunnia ou Crunna. Esa nn pronunciábase ñ, así que supoño que será unha grafía anterior ao ene-agá que podería xustificar o seu uso.

    En calquera caso, o que me gostaría é que a normalidade chegara á norma para que despois poidera chegar tamén á rúa. E acho que qualquer língua é útil em si mesma, mas não me importaria de ter aprendido português.

    • Óscar Pereiro dijo:

      Claro, agora existe porque a normativa que estipulou a Xunta engadiu o símbolo “ñ”, mas penso que debería ser como en portugués nh e explico o por qué:

      Como ben dixeste, con “séculos escuros” o galego perdeuse na escrita, non na fala. E entón apareceron os primeiros escritos como o que sinalas de Rosalía de Castro, que para plasmar no papel esa fonética colleu o símbolo do español. Mas penso que debería ter acudida ao portugués, que non sufriu esa oscuridade que sufriu o galego e mantívose viva.

      Digamos que o goberno galego sacou unha normativa lingüística que ante as dúbidas acude ao espanhol, mas que o lóxico baixo o meu punto de vista sería olhar mais cara ó portugués, que en origen eran a misma lingua.

      Também como dixen antes é uma cuestión de economía e universalidade.. se o galego e o portugues asemélhan-se moito, o galego será entendido por moita mais xente e nós entenderíamos moito melhor o portugués… Serían simples variables da misma lingua, o mesmo que no Brasil tenhen tambén uma pequena variación con respecto ao portugués de Portugal ou o de Mozanbique.

      Non sei se me expliquei ben, mas ainda que non esté metido moito neste tema, comparto esa forma de pensar, que penso é a mais lóxica, a natural e a que faría do galego unha lingua moito mais universal e práctica.

      Saudos

      • eosar dijo:

        Como ben saberedes, un dos maiores factores na evolución das linguas é o contacto con outras. Así o latín vulgar evolucionou por contacto coas distintas linguas rexionais, en castelán, galego, catalán, francés, etc.
        Para ben ou para mal o galego leva 5 séculos de contacto intenso co castelán, moito máis que co portugués. É normal que isto se note no galego, como no castelán de galicia tamén se percibe o contacto co galego.
        Polo tanto intentar afastar agora o castelán do galego é borrar a historia da lingua.

      • Que o galego e o castellano sexan duas linguas faladas nun mesmo territorio (bilingüismo) non ten por qué alterar a fala dunha ou da outra.. de feito o castellano en Galiza fála-se muito bem, e a convivencia co castellano non estragou nem un ápice esa lingua.

        Penso que o teu razoamento non é válido á hora de fazer uma normativa lingüística para o galego. O “meu” sentido común dime que ante un vacío dunha palavra, signo, prefixo, etc… non debemos esquecer quais son as orixes do galego e como comentei antes, qué é o mais natural, práctico e económico.

        Um escritor ou un “plumilla” 😉 que escriva e fale um galego con normas reintegracionistas poderá vender os seus livros ou trabalhar como xornalista non só na Galiza, senon tambén en unha boa parte do mundo.

        Abrazos

        • sparral dijo:

          É a eterna discusión.
          Nunca saberemos como tería evolucionado o galego no caso de falarse e escribirse durante os diferentes periodos da historia nos que non se fixo.
          Eu penso que se notaría o contacto co castelán e co portugués.
          Tamén penso que a norma do galego vai e vén, como as ondas da Rianxeira, en función de intereses políticos. Se defendes a aproximación ao portugués, es nacionalista. Se non, un reaccionario castelanista. E así non hai quen se entenda.
          Nunca fun partidaria do reintegracionismo, pero tal e como está a cosa, sí, o mellor sería ter aprendido portugués, está claro (aínda que cos acentos e os agás fágome un bo lío). De ter sido así, penso que polo menos sabería falalo, porque as normas do portugués son claras. E con esto non quero decir que as linguas non teñan que evolucionar, senón que ten que haber unha base clara sobre a que marcar os posibles cambios e facer que, na medida do posible, todos vaian na mesma dirección. Para non volver tolo ao persoal, máis que nada.

  3. eosar dijo:

    Creo que no caso de Coruña tes razón, estiven mirando algúns mapas antigos e en todos figura corunna ou similares, sen o artigo. Aínda que en textos de Fernando II de León (s.XII) tamén aparece documentado “La Crunia”.
    Por outro lado, o último párrafo do teu artigo páreceme moi elocuente ,esa era unha cuestión que xa me plantexara eu fai tempo, atopando só a solución que ti plantexas: Coruña a secas.
    Sen embargo, non creo que fose certo a explicación que deu a túa compañeira sobre por qué se usa artigo. Pola documentación existente e porque noutras lenguas tamén ocorre o mesmo: en catalán din La Corunya e en francés La Corogne. E non creo que sexan traducións tan recentes do supostamente novo topónimos.
    Investigareino.
    Un saúdo.

    • sparral dijo:

      Ola eosar, grazas por comentar e benvido.
      Non digo que a tradución sexa recente, digo que é unha mala tradución, independentemente do século no que se fixera (http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/10/14/00031255513605065222344.htm).
      Tampouco creo que o feito de que en outros idiomas se use o artigo sexa xustificación para que o usemos en galego ou en castelán. Non sei se ven de antigo o de La Corunya ou La Corogne e tampouco teño coñecementos de catalán e francés como para saber se nestas linguas debe decirse así.
      O que sí sé é hai moitos filólogos que defenden que o que ocorre con A Coruña é exactamente o mesmo que pasa con Oporto. É decir, un error.
      De todos os xeitos, se encontras documentación ao respecto, compártea, que todo o que sexa aprender é bo.
      Saúdos!

    • truca dijo:

      Eosar, investigaches sobre o tema do topónimo?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s