Coruña


A miña compañeira de Blog puxo enriba da mesa un tema que últimamente, polo oportunismo de algún político mediocre, está outra vez no candeleiro, ou como diría aquela loira modelo no “candelabro”.

A historia do topónimo da Coruña  ten a súa orixe nos albores da década dos oitenta. O galego ata esa data utilizaba a voz Coruña ou Cruña para referirse a cidade herculina.

Cando se pon en marcha a autonomía,  na cidade da Coruña existía un goberno capitaneado polo nacionalista Domingos Merino que utilizaba normalmente o idioma galego na administración municipal. Podemos decir que xunto a Vigo, co alcalde Soto, foi o precursor da lingua de Rosalía na administración, cando aínda a Xunta estaba no berce.

No ano 1981, e por mor da aprobación da localización das sedes autonómicas, unha treboada política cae sobre a cidade norteña. O daquela secretario xeral do Partido Socialista Galego (PSOE), Francisco Vázquez,  defende a capitalidade da comunidade autónoma para A Coruña póndose diante dunha campaña absurda e localista capitaneada por distintos intereses locais da cidade.

Francisco Vázquez sitúase na primeira liña de combate, acudindo ás manifestacións que falaban de “ultraxe” á cidade por elexir Santiago coma sede das institucións. Pero Paco Vázquez é o que sofre un cambio espectacular. De ter pensamento galeguista e defender o idioma galego convértese da noite para a mañá nun defensor do castelán e contrario ó galego e a  autonomía.

Con este cambio chega a gobernar a cidade cos votos, ademáis dos socialistas, da xente máis conservadora da Coruña e dos máis localistas, que pensaban que a cidade era, antes de instaurarse a Xunta, a capital galega. Esto último era unha ilusión, xa que o non existir as comunidades autónomas non había capitais senon “delegaciones de ministerios del Gobierno de España”.

Durante os máis de vinte anos do seu goberno, Francisco Vázquez, rexeitaba a utilización do galego na cidade; unha cidade, que sobre todo nos barrios, utiliza  o idioma de Castelao.

Cando o goberno de Fernandez Albor (AP) aproba a Lei de Normalización Lingüística (1983) os topónimos das ciudades pasan a ter, como única forma legal, a versión galega e “La Coruña” pasa a ser “A Coruña”. Paco Vázquez intenta, dende todos os frentes, tirar abaixo esta lei, ademáis de utilizar “Ayuntamiento de La Coruña” en toda a documentación da administración municipal. Francisco Vázquez, home que fala un dos mellores galegos entre os políticos, segue coa teima de crear unha situación de odio ó galego na súa cidade.

Pero Paco ten os días contados e marcha como representante do Goberno Español ó Vaticano. A alcaldía queda en mans de Javier Losada, o seu segundo, que goberna ata as eleccións municipais de 2007. Nestes comicios perde a maioría absoluta e pacta co BNG, que esixe que se cumpla a lei e se utilice o galego na administración municipal. Parecía pois que se instalaba a normalidade.

Pero esta normalidade parece que dura pouco xa que o candidato á alcaldía polo PP, Carlos Negreira, abre “la caja de los truenos” e no seu eslogan de campaña “Ayer por Galicia. Hoy por La Coruña”, saca do baúl das lembranzas o “L” que xa desaparecera. A política oportunista de Negreira intentando recoller os votos perdidos de Paco e dos máis retrógrados seguidores do localismo de “Unidad Coruñesa”, vólvese o defensor do castelán na cidade, despreocupándose de outras cousas que son moito máis importantes para a sociedade coruñesa, coma o paro ou a crise no comercio, que na cidade herculina é destacable, despois da apertura de grandes centros comerciais nas aforas do centro urbán.

En definitiva, habría que preguntarlle ós cidadáns da Coruña si de verdade teñen candidatos para levar a bo porto a cidade, na miña humilde opinión creo que non.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Exteriores y etiquetada , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s